
A Infanta Cristina de Borbón, durante o acto de Graduación Universitaria 1993-1994. Paraninfo da Universidade Complutense de Madride (UCM) na rúa San Bernardo. Madride, 18 de xaneiro de 1995.

A académica da Historia e da Lingua, Carmen Iglesias, e o rector da Universidade Complutense, Gustavo Villapalos, no acto de Graduación Universitaria 1993-1994. Paraninfo da UCM na rúa San Bernardo. Madride, 18 de xaneiro de 1995.

O Ministro de Educación, Gustavo Suárez Pertierra (PSOE), após a entrega dos Premios Nacionais de Terminación de Estudos Universitarios aos estudantes que finalizaron a carreira no curso 1993-1994. Sede do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Madride, 22 de maio de 1995.

Roberto Barbeito e Carolina Bescansa, compañeiros de estudos na facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense, en algún café de Madride. Cara ao mes de outubro do ano 1995.

O escritor arxentino de orixe galega, Carlos Penelas, na súa casa de Bos Aires. Decembro do ano 2000.

José María García Leira na sede do Parlamento de Galicia, con motivo da recepción dada aos participantes no «World Poetry Day», celebrado en Compostela entre os días 21 y 24 de marzo do 2001.

O Premio Nobel de Literatura do ano 1986, Wole Soyinka, no Parlamento de Galicia durante o «World Poetry Day», que tivo lugar en Compostela no mes de marzo do 2001.

O actor español Sancho Gracia no Hotel Nacional de Cuba, durante a celebración do «XXIV Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano». A Habana, 7 de decembro do 2002.

Alfredo Guevara, fundador do «Instituto Cubano del Arte y la Industria Cinematográficos» (ICAIC), no Hotel Nacional de Cuba ao rematar a presentación dos seus libros: Un sueño compartido, sobre o director de cine brasileiro Glauber Rocha, e Ese diamantino corazón de la verdad, que ten tamén como autor ao guionista cinematográfico italiano Cesare Zavattini . A Habana, 10 de decembro do 2002.

O presidente da Asamblea Nacional do Poder Popular da República de Cuba, Ricardo Alarcón de Quesada, no Hotel Nacional. A Habana, decembro do 2002.

O actor arxentino Federico Luppi no estreno mundial do filme de Roman Polansky, El Pianista. Teatro Karl Marx da Habana, 13 de decembro do 2002.

A escritora chilena Marta Harnecker, na «XII Feria Internacional del libro de La Habana», na que presentou a súa obra Hugo Chávez Frías, un hombre, un pueblo, 8 de febreiro do 2003.

O fundador da Editorial Anagrama, Jorge Herralde, e o escritor Álvaro Pombo, na cea de clausura do curso de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), «XXIII Encuentro sobre la Edición». Real Club Marítimo de Santander, 13 de xullo do 2007.

Os escritores Moncho Alpuente e Vicente Araguas, nun evento na Casa de Galicia. Madride, ano 2008.

Jean-Louis Paccalin, Director Xeral de JCDecaux, na festa do acto de entrega dos galardons da VI edición dos Premios JCDecaux de creactividade exterior. Quinta do Xarama, 8 de maio do 2008.

Ramón Cotarelo, na presentación na FNAC de Callao de Diario no velado de La Habana, que tivo lugar dentro das actividades do «Festival Viva América». Madride, 11 de outubro do 2008.

O antropólogo José Carmelo Lisón Arcal, no acto de presentación de El Socialismo no es una utopía: es una ilusión. Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madride. Somosaguas, 23 de abril do 2009.

Miguel S. Valles, profesor de técnicas cualitativas de investigación social da Universidade Complutense de Madride, durante a presentación do libro Diario no velado de La Habana. Somosaguas, facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía, 23 de abril do 2009.

Ángeles Muñoz, alcaldesa de Marbella (PP), na «V Feria Internacional de Arte Contemporáneo MARB ART 2>009». Palacio de Ferias e Congresos de Marbella, 10 de setembro do 2009.

A banda cubana de heavy-metal, Zeus. No descanso dun ensaio no habaneiro local «Patio de María».

A máis grande «Rainha do Samba» do carnaval do Rio de Janeiro (Brasil). Á saída da discoteca Help.