Biografía

Fotografía del autor Xabier Vila-Coia

Xabier Vila- Coia (Coia, Vigo), é licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid (1989-1994), carreira na que foi Premio Nacional de Terminación de Estudos Universitarios. Cursou os estudos de doutoramento en Antropoloxía Social (1994-1996), no Programa La construcción de las identidades socioculturales. Durante o seu desenvolvemento, e dentro do campo específico da antropoloxía visual, levou a cabo varios traballos que condicionarían a súa evolución como investigador e creador, entre os que sobresaen Os medos e Sobre la alegría: el carnaval de Porto Seguro (Bahia-Brasil). Con posterioridade, no ano académico 1999-2000, realizou o «Curso de Especialización en Derecho Constitucional y Ciencia Política» do Centro de Estudos Políticos e Constitucionais de Madrid (CEPC), que superou cunha Memoria Final de Investigación titulada Biotecnología, bioética, nuevos derechos humanos y Constitución.

Ao longo deste período de formación obtivo unha bolsa do Programa de Cooperación Interuniversitaria Intercampus en América Latina para estudantes de pre e posgrao, concedida polo Instituto de Cooperación Iberoamericana e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (ICI- AECID), a cal desfrutou na Universidade Estadual Paulista (São Paulo-Brasil); e unha Bolsa de formación de Persoal Investigador (FPI) da Comunidade de Madrid, que lle permitiu realizar estancias de investigación na sede de Bos Aires da Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais (FLACSO-Arxentina) e na Universidade da Habana (Cuba). Estas estadías no estranxeiro enriquecérono e marcaron significativamente, tanto no plano académico e profesional como no persoal. Ademais de nas cidades citadas, Xabier Vila- Coia tamén viviu, estudou, traballou e amou en Santiago de Compostela, A Estrada, Barcelona, Palma de Mallorca, París e Toulouse.

Ao obxecto de complementar a súa formación multidisciplinar, durante os anos académicos 2015-2016 e 2016-2017 matriculouse e aprobou todas as materias obrigatorias e optativas do Master Universitario en Investigación en Arte e Creación (MIAC) da Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense, pospoñendo sine die, ao priorizar as súas publicacións e producións, ademais dos seus propios estudos e investigacións, a conclusión do Traballo de Fin de Máster (TFM).

Blog

COVID-19

Tapa anterior da capa do libro de Xabier Vila-Coia, titulado "Covid-19"

COMUNICADO DE PRENSA

Covid-19, sociolingüística, filosofía da linguaxe e fotografía


«COVID-19» (xullo do 2021), de Xabier Vila-Coia, é unha obra concibida polo seu autor durante o confinamento establecido polo goberno de España no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19; situación excepcional que se estendeu dende o mesmo día 14 de marzo até o 21 de xuño de 2020. Foi neste período temporal no que se tomaron as fotografías que a constitúen, a maioría contravindo as prohibicións do citado Real Decreto.

VILA-COIA con...


Vila-Coia con...

A Infanta Cristina de Borbón, durante o acto de Gradación Universitaria 1993-1994. Paraninfo da Universidade Complutense de Madrid ( UCM) na rúa de San Bernardo. Madrid, 18 de xaneiro de 1995.


Vila-Coia con...

A académica da Historia e da Lingua, Carmen Iglesias, e o reitor da Universidade Complutense, Gustavo Villapalos, no acto de Gradación Universitaria 1993-1994. Paraninfo da UCM na rúa de San Bernardo. Madrid, 18 de xaneiro de 1995.

Inicio