Metadatos

Voltar

Título 

15M décimo aniversario: 2011-2021


Referencias editoriais e descrición física

Autor: Xabier Vila- Coia

Editorial:  Lapinga Edicións

Data de publicación: 23 de abril do 2021

Lugar de edición: Madrid

Formato: 21,5 cm × 16 cm (formato  apaisado)

Lombo: 1,2 cm

Peso: 404  g

Número de páxinas: 146 (a cor)

Papel da cuberta: cartolina  estucada  Invercote  Creato mate de 300  g/ m2

Acabado da cuberta:  plastificado mate  anti- scratch

Técnica de impresión da cuberta:  ófset

Tipografía da cuberta:  Cabin  Sketch

Papel dos interiores:  Creator volume de 150  g/ m2

Técnica de impresión dos interiores:  ófset dixital

Tipografía dos interiores:  Cabin  Sketch, Eras  Medium  ITC e Eras Demi  ITC

Encadernación: rústica,  fresada

Materia: Movemento 15 M/Movementos sociais/Memoria histórica/Fotografía/ Grafiti

Idioma: Español/Inglés/Francés

ISBN: 978-84-948062-8-5

EAN: 9788494806285

DL:  M-9478-2021

PVP: 25 € (IVE incluído)


Sinopse:

O domingo 15 de maio de 2011 celebráronse en toda España manifestacións reivindicativas nas que, por riba de todo, protestouse contra os recortes sociais e en educación, pero tamén contra a corrupción política e o bipartidismo do Partido Popular e do Partido Socialista Obreiro Español.

Na cidade de Madrid unha parte dos manifestantes acamparon na Porta do Sol, de onde foron desaloxados pola Policía Nacional na madrugada do luns 16. O martes 17 levouse a cabo outra concentración na mesma praza e algúns dos asistentes volveron acampar nela. Nos días sucesivos uníronse novos integrantes a esta acampada, a máis relevante de todo o Estado.

Estes acontecementos deron lugar ao nacemento dun movemento social especialmente dinámico coñecido como «Movemento 15 M», o cal, á súa vez, foi a orixe do partido político «Podemos».

15M décimo aniversario: 2011-2021, rememora e conmemora, en sesenta e sete fotografas, aquela data, á vez que mostra as reunións masivas, as asembleas populares abertas e as estruturas de autogoberno (principalmente no ámbito da cultura, a agricultura, a alimentación e a sanidade) que xurdiron no seo do Acampada Sol e que a mantiveron en permanente actividade até a súa disolución no mes de xuño dese ano 2011.


Solicitude de exemplares:

lapinga.ediciones@gmail.com




© Xabier Vila-Coia - 2021 · Contacto