Himno do centenario do Celta
Submitted by adm on Sun, 13/02/2022 - 21:45O «Real Club Celta de Vigo» creouse o 10 de agosto de 1923 trala unión do «Real Vigo Sporting Club» e o «Real Fortuna Foot-ball Club». Cumprirá, xa que logo, o seu primeiro centenario o día 10 de agosto do próximo ano 2023.
En concordancia con dita efeméride estase a promover a composición dun himno conmemorativo. A tendencia dominante nos medios de comunicación e nas redes sociais é que ten que ser «moderno».
Mais un himno non é unha simple canción: é o epítome dun sentimento, dunha identidade única e irrepetíbel. Un himno ten que ser, sempre, un poema.