De varóns, persoas e desigualdades
Enviado por adm a Ven, 17/03/2023 - 23:30O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, tomou gran relevancia non como acto de celebración, senón de confrontación. Confrontación dunha ideoloxía totalitaria, como o é todo aquilo que alcanza unha dimensión global, cos homes, polo mero feito de ser homes. Chega con darse un paseo polos campus e rúas de calquera país no que impere a interpretación occidental da realidade para comprobalo. Ou escoitar as declaracións e discursos dos seus líderes políticos.